martes, 9 de agosto de 2011

Ti es a miña muleta, pero eu son o teu pequeno bastón





Hoxe escríboche, Lorena por non terte cerca. Escríboche por botarte de menos nestes días cheos de horas nas que a mente boa e non fago outra cousa que pensar e darlle voltas a miña cabeza.
Escríboche hoxe para que, como se de unha película se tratase, pasasen pola túa mente mentres lees centos de fotogramas con cada un de eses momentos nos que ti e eu respiramos o mesmo aire.
Tamén hoxe, agradézoche por estar sempre, sexa de preto ou de lonxe, estubeches na parte de atrás mirando, observando e mantendo un sorriso para cada un dos meus logros e por suposto,centos de abrazos para cada fallo e cada pedra na que teño caído. 

Hoxe escríboche porque non estas, porque noto que me falta algo e que xa non se respira no ambiente toda esa alegría que solo ti aportas. Escríboche por sentir que me falta unha muleta na que poder apoiarme e comezar cada dia porque xa sabes que ti es a miña muleta, pero eu son o teu pequeno baston. Xa sabes que estou para todo, que intento non fallarche e perdoa se algunha vez o fago, porque non e intencionadamente.
E así, hoxe termino de escribirche esta pequena entrada dicíndoche iso que ninguén che di, ou que poucas veces cho digo: Que nunca, xamais, deixes que ninguén che roube o moito que vales.

Hoxe dígoche a ti, e a quen lea isto, que te quero

No hay comentarios:

Publicar un comentario