lunes, 29 de agosto de 2011
O corazón e de papel..
Ninguén se dou conta que o corazón, cando se trata de amor, e como un papel?
Hai papeis de moitos tipos, uns mais grandes que outros, é de distintos cores, distintas texturas.
Cando o amor é correspondido ese papel, estará pintado das 7 cores do arco da vella, con cores vivas e cheas de alegría, debuxado con nubes, e sempre estará gardadiño, na túa carpeta, no arquivador, porque o último que queres no mundo, é perdelo.
En cambio cando non o é, e como un papel, o cal se tira, porque non che agrada o que pon, non queres cargar con el, ou simplemente e bonito e puxécheslle moita pintura e necesita secarse nunha véntana e por casualidade caéronlle unhas gotiñas.
Cando o papel se molla inundase de auga, e non, non rompe, pero cando sae o sol, por moito sol que faga, quedaranlle unhas arugiñas, quedaranlle as marcas da inundación, as mesmas marcas que quedan cando o amor non e correspondido. Si o papel pode ser secado, pero nunca poderá ser o que foi. Igual que o amor
"O meu corazón é de papel, e hoxe chove, e moito, acabará inundado por todo iso que me dabas. E por moito sol que faga, quedaranlle as marcas do teu amor.."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario